jueves, 3 de febrero de 2011

Glosario

  • Corzo -as. Mamífero ruminante de cor parda no verán e cinsenta no inverno, rabelo e de cornos curtos con poucos gallos, que vive nas fragas de Europa e Asia. Caza de corzos. As corzas non teñen cornos.
  • Congostras.f. Camiño de carros estreito e profundo, que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo. Había que mete-lo carro de bois por unha congostra para chegar á leira. SIN. corga, corgo, corredoira.  
  • Relento s.m. Brisa fría e húmida da noite. Este relento méteselle a un nos ósos. SIN. sereno.
  • corgos.m. 1. Poza natural no curso dun río, ou artificial, utilizada para curti-lo liño. Os feixes de liño anegábanse no corgo. Disque no corgo hai unha troita moi vella e moi grande. 2. Oco nunha rocha ou depresión do terreo, que se enche de auga cando chove. Tiraban pedras no corgo. 3. Represa natural ou poza artificial onde se recollen as augas destinadas a regar e, tamén, canle de distribución destas augas. Témo-lo corgo mediado. 4. Camiño estreito e profundo que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo. Dáballe medo pasar de noite polo corgo. SIN. congostra, corga, corredoira.
  • bríos.m. Forza física ou moral con que se realiza unha acción que require un esforzo. Fai os labores da casa con moito brío. Acometeu o labor con brío pero logo se desanimou. CF. rixo. Interpretou a sonata con brío. CF. entusiasmo.

  • Presadas f. Agua que se junta y retiene en el caz del molino para servir de fuerza motriz durante cierto tiempo, si la corriente no basta para el trabajo continuo.
  • Sebe s.f. Valo feito con varas e estacas cruzadas, arbustos, silvas, ramas, etc.
  • raleas.f. Caste, liñaxe. OBS. Emprégase sempre con matiz despectivo. Xente de mala ralea.
  • roldana s.f. Mecanismo que serve para levantar pesos, formado por unha roda que xira ó redor dun eixe e pola cal corre unha corda ou cadea da que hai que tirar para subi-los obxectos. A roldana do pozo. SIN. polea.
        .

            No hay comentarios:

            Publicar un comentario